A lectura de «Valados», de Agustín Fernández Paz, para abrir o ano no Lendo Contigo

O vindeiro sábado 28 de xaneiro celebraremos a primeira sesión do Lendo Contigo de 2017 cunha obra dun autor referente na literatura infantil galega: Valados, de Agustín Fernández Paz (Xerais). Valados é un libro no que se proclama o dereito á amizade, á igualdade e á liberdade de todos os seres humanos, moi por riba de todos os valados, visibles e invisibles, que nos rodean. Ademais, como homenaxe ao autor recentemente falecido e en agradecemento por todo o apoio co que sempre contamos en Espazo Lectura por parte del, realizaremos un pequeno percorrido pola obra de Agustín Fernández Paz, así como polo seu paso polas direferentes actividades de Espazo Lectura.
A sesión será ás 12:00h, na Biblioteca Municipal de Gondomar, agardámosvos!
O pasado mes de decembro celebramos a sesión con Xerardo Neira e a súa obra O capador de boinas (Galaxia). Aprendemos moito sobre costumes e tradicións antigas, pero tamén tivemos que chamar a un prestixioso detective para que nos axudara a atopar o libro da sesión de xaneiro que, misteriosamente, desaparecera. Afortunadamente, e seguindo algunhas estratexias que coñecimos na obra de Xerardo Neira, puidemos atopar ao culpable e o libro da seguinte sesión, rematando todo nun pequeno despiste do propio detective. Estas son algunhas imaxes dese día.
DSC_8763
KODAK Digital Still Camera
untitledKODAK Digital Still Camera