“A lei do mar” e “Trickstar. Postais desde as estrelas” no Sete Vidas 

O Sete Vidas comezará o 2026 con dúas lecturas. O próximo xoves 8 de xaneiro reunirémonos para comezar o ano falando das novelas A lei do mar (Xerais) e Trickstar. Postais desde as estrelas (Boadicea) co seu autor, Manuel Esteban.

A lei do mar narra unha historia real sucedida no Mediterráneo, un mar que é a patria dos que non teñen fogar, un relato de morte e de supervivencia, de solidariedade e de egoísmo.

Por outro Trickstar lévanos ao ano 2076, cunha Terra a piques de colapsar e a vida no espazo como única esperanza para a humanidade, cando a irrupción dun misterioso virus en África e unha nova tecnoloxía capaz de protexer da radiación cósmica conducirán a unha guerra de poderes. Dúas novelas moi diferentes, pero con temas en común.

Manuel Esteban

Será ás 20:00 na Biblioteca Municipal de Gondomar. Contaremos coa presenza do autor.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *