A miña outra vida de Miguel Rojo no Lecturas Debuxadas de novembro

O martes, 18 de novembro, teremos unha nova sesión do Club Lecturas Debuxadas co libro A miña outra vida, do autor pontevedrés Miguel Rojo, Retranca Editora. Un debuxante afeccionado e coleccionista de cómics que vive amargado polo seu traballo e tenso polas fortes discusións coa súa muller e o seu fillo adolescente, afronta a crise dos 40 con angustia debido aos seus problemas de saúde e unha sensación cada vez máis forte de estar vivindo unha vida que non é a que soñaba vivir.

Contaremos coa presenza de Miguel Rojo, debuxante da banda deseñada.

A sesión terá lugar na Biblioteca Municipal de Gondomar ás 20:00h e, se non podes acudir, poderás participar mediante videoconferencia. Para recibir o enlace envía un correo a lecturasdebuxadas@gmail.com.

Na sesión de outubro gozamos da lectura de La gran negación do autor Roberto Grossi que é un ensaio que expón o alcance do cambio climático, produto das emisións masivas de dióxido de carbono e do esgotamento dos recursos ambientais, así como o esforzo que a nosa sociedade fai por ignoralo, a Gran Negación á que se refire o título.

1 Lecturas debuxadas_out25

Agardámoste!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *