A narradora Inma Soto, na Casa da Lectura

O mércores 23 de abril, Día do Libro, Inma Soto visitará a Casa da Lectura para ofrecernos o contacontos Xela, aventura na fraga. A través das aventuras de Xela, a autora propón unha actividade de educación e sensibilización ambiental. Agardámosvos! 

Como cada mércores, a biblioteca estará aberta de 17:30h a 18:00h para o empréstito de libros. 

Na sesión anterior o alumnado e profesorado do Conservatorio Municipal de Gondomar realizaron un contatontos musical que deixou a todos os asistentes abraiados. Agradecemos enormemente esta colaboración e deixámosvos as imaxes na seguinte ligazón:

VID_20250409_183602

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *