O club de lectura compartida Lendo Contigo reunirase o sábado 29 de novembro para celebrar unha nova sesión. Nesta ocasión a obra escollida é Puntiño e Borrón, de Anna Taraska (Triqueta editora). A nena Puntiño vive nun caderno con liñas e o que máis lle gusta é xogar e quedar con Borrón, o seu novo amigo. Un día, Borrón desaparece e Puntiño emprenderá unha gran viaxe por outros cadernos para atopalo.
A sesión será o sábado 29 de novembro, ás 12:00h, na Biblioteca de Gondomar.
Agardámosvos, haberá unha sorpresa!
Na sesión de outubro recibimos a visita de Anxo Iglesias co libro Tacón, punta, tacón (Xerais).

Foi un comezo de tempada fermoso, cheo de palabras, música e poesía. Podedes ver as imaxes aquí:





