A nosa tradición oral no Comando Le de decembro

Este vindeiro sábado 14 de decembro, ás 20:00h, os mozos e mozas do Comando Le teñen un novo encontro na Casa da Lectura. Será unha sesión na que botaremos a andar o tema que ocupará algunhas das sesións desta tempada: a nosa tradición oral.

            Para acompañarnos nesta ocasión contaremos coa presenza de Leni Pérez, profesora de percusión e experta en música tradicional e recuperación de cantares de tradición oral por toda Galicia desde os anos 90. Fundadora e directora das pandereteiras “Tanxedoras”, co que publicou tres traballos discográficos de cantares de tradición oral. Na actualidade ten varios proxectos en funcionamento, entre eles o dúo folk “Leni Pérez&Roberto Comesaña” co seu traballo de música de tradición oral “De ramo en ramo” gañadores do concurso Interritmos sons do rural de música tradicional 2023.

            Á sesión anterior do Comando Le acudiron 22 rapaces e rapazas e asistimos á representación teatral da obra “As que limpan” da  compañía A Panadaría no auditorio V Centenario de Baiona. As que limpan fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por conseguir uns dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, a avaricia voraz dos propietarios da industria hoteleira. Pasámolo xenial e as actrices tiveron a ben manter unha pequena conversa con nós ao remate da representación.

Vémonos na Casa da Lectura o sábado 14 de decembro!

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *