Este martes 17 de outubro celébrase na Casa da Lectura a primeira xuntanza do club Lecturas Debuxadas desta tempada. A lectura que se vai comentar non podía estar mellor escollida, pois foi galardoada hai sete días co Premio Nacional de Cómic. Trátase de Lamia, de Rayco Pulido, unha crónica negra ambientada na Barcelona dos anos 40, publicada por Astiberri.
A actividade comeza ás 20:00 horas e está aberta ao público.