A poesía popular galega no Comando Le de xaneiro

Este vindeiro sábado 25 de xaneiro, ás 20:00h, os mozos e mozas do Comando Le teñen un novo encontro na Casa da Lectura. Será unha sesión na que continuaremos co tema que ocupará algunhas das sesións desta tempada: a nosa tradición oral.

            Para acompañarnos nesta ocasión contaremos coa colaboración de Félix, Noli, Pablo, Anxo, Mirian e Isaac. Será unha sesión con  canto, música e creación poética a partir de coplas das cantigas tradicionais.

            Á sesión anterior do Comando Le acudiron 21 rapaces e rapazas e contamos coa presenza de Leni Pérez, profesora de percusión e experta en música tradicional e recuperación de cantares de tradición oral por toda Galicia desde os anos 90. Aprendeunos a tocar ritmos cos instrumentos tradicionais e explicounos moitas cousas que descoñeciamos de como se orixinou todo isto. Na segunda parte da sesión achegáronse as pandereteiras de Borreiros e tivemos festa rachada!

Vémonos na Casa da Lectura o sábado 25 de xaneiro!

2 CLe_14-12-2024

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *