A profecía do armadillo no Lecturas Debuxadas de marzo

O martes, 18 de marzo, teremos unha nova sesión do Club Lecturas Debuxadas coa obra , A profecía do armadillo de Zerocalcare, Rinoceronte.

Chámaselle profecía do armadillo a calquera prevision optimista fundada en elementos subxectivos e irracionais tomados como lóxicos e obxectivos e destinada a alimentar a decepcion, frustración e lamentacións polos séculos dos séculos, amén

A profecía do armadillo versa sobre Zerocalcare (pseudónimo de Michele Rech), un debuxante ao borde da treintena que, ao enterarse da morte de Camille, a súa gran amiga de adolescencia, rememora a súa propia vida, ademis de abaterse nunha saturada sucesión de reflexións e divagacións.

Cun estilo narrativo similar ao dunha tira cómica, na que se suceden secuencias de viñetas cunha continuidade breve e na que aparecen personaxes fantasiosos e un amigo imaxinario: o armadillo.

A sesión terá lugar na Biblioteca Municipal de Gondomar ás 20:00h e, se non podes acudir, poderás participar mediante videoconferencia. Para recibir o enlace envía un correo a lecturasdebuxadas@gmail.com.

Na sesión de febreiro gozamos dunha sesión compartida co Sete Vidas  coa obra “Matadoiro cinco ou a cruzada dos nenos”, do autor norteamericano Kurt Vonnegut (1922-2007). O libro narra a vida de Billy Pilgrim e rememora as súas experiencias na II Guerra Mundial, sendo o telón de fondo o bombardeo da cidade alemana de Dresde. De Rinoceronte editora, a tradución da novela, e o cómic de Astiberri, debuxado por Albert Monteys.

Álbum de fotos da sesión

Agardámoste!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *