Coa celebración de A Fogueira dos Versos o pasado día 23 de xuño Espazo Lectura puxo fin ás actividades desta tempada á espera da súa reanudación tras o descanso do verán. Os retos que a asociación afrontará estarán relacionados coa reubicación dos diferentes clubs de lectura en novos espazos do Val Miñor.
Esta tempada que agora finaliza estivo marcada polas dificultades para desenvolver con normalidade os clubs que Espazo Lectura viña facendo desde hai dez anos na Biblioteca Municipal de Gondomar. A asociación dará cumprimento ao mandato da Asemblea de socios e socias de seguir traballando por una biblioteca pública digna en Gondomar onde todos e todas nos sintamos acollidos.
Queremos agradecer todos os apoios e recoñecementos recibidos, tanto dende os socios e socias como dende as diferentes institucións e persoas que se sumaron ás nosas reivindicacións.
Deseguido deixamos unha escolma de fotos das distintas actividades.