Este mércores na Casa da Lectura descubriremos, a través dos contos, que cada un de nós é un “elemento único” e a marabillosa riqueza que nos aportan as diferenzas.
Descubriremos que ser distinto non é malo, e lembraremos a importancia de respectar e querer ás persoas tal e como son.
Lembra que a Casa da Lectura permanecerá aberta de 17:30h a 18:00h para o servizo de préstamo.
A semana pasada Senén realizou unha sesión científica na que as cores e a luz foron as protagonistas. Contou ¡Tódalas cores! (Xerais) e Preguntas que poñen os pelos de punta (sobre a luz e as cores) de Edicións do Cumio.
Aquí vos deixamos as imaxes da sesión:





