Comunícannos que navegan polo Val Miñor nada máis e nada menos que piratas! Nós xa sabemos que a vida pirata é a vida mellor, pero aínda pode mellorar se é con contos e historias. Queredes acompañarnos? Pois vide á Casa da Lectura o mércores ás 18:00h preparados para escoitar as historias máis coñecidas nos sete mares. Agardámosvos!
Lembrade que a biblioteca da Casa da Lectura estará aberta de 17:30h a 18:00h para o empréstito de libros.
A semana pasada falamos de sonos pesados, sonos lixeiros, insomnio e de diferentes técnicas para conciliar o sono. Na Casa da Lectura contáronse, na voz de Bea, “A noite das mudanzas” (OQO), Dona Carme (Triqueta Verde), “A ovella 19” (NubeOcho) e “Un pesadelo no meu armario“(Kalandraka).
Para rematar, elaboramos uns atrapapesadelos ou atrapasonos fermosísimos. Podedes ver as imaxes da sesión aquí:





