Espazo Lectura recolleu o venres 26 de marzo, da man da responsable de relacións institucionais de Everest para Galicia, Carmen Cancela, o segundo Premio de Dinamización Sociocultural promovido pola editorial.
Carmen Cancela destacou o volume e a calidade de actividades desenvolvidas por Espazo Lectura e o feito de que sexa unha iniciativa promovida pola propia sociedade.
Concha Costas, presidenta de Espazo Lectura, agradeceu o apoio de todos os socios e socias, tanto numerarios coma protectores, e destacou especialmente o traballo de todos os voluntarios e voluntarias pola lectura que fan posible o desenvolvemento do proxecto “Abrindo espazos para a lectura” que foi recoñecido con este premio.
O xornal A Nosa Terra faise eco do premio nesta reportaxe.