O día 15 de xaneiro un grupo de voluntarias (Bea, Cris e Marta) acudiron ao Centro de Día de Baiona para realizar unha actividade de dinamización para os maiores que acoden a el.
A primeira parte da sesión consistiu nun contacontos; para a ocasión escolléronse os seguintes: As trenzas do avó, Maruxa, Cando sexamos pequenos e Avós (este último con baile incluído).
Deseguido levouse a cabo un obradoiro de creación de flores con panos de mesa de cores.
Animáronse practicamente todas as persoas maiores, dúas nenas e algunha que outra adulta, que quedaron encantadas coa sesión; e as voluntarias-contadoras moi contentas con esta nova experiencia de Espazo Lectura.