Nas sesións do club de lectura compartida Lendo Contigo un dos elementos máis motivadores e atractivos para os nenos e nenas que participan é poderen establecer un diálogo cos autores e autoras dos libros que len.
Nesta ocasión, o atractivo do encontro con Agustín Fernández Paz, o autor de Valados, tamén estará na fórmula utilizada. Convertiremos a biblioteca nun espazo virtual para que, por primeira vez, os asistentes á actividade teñan a oportunidade de conversar co autor a través de videoconferencia, nunha experiencia novidosa que une a lectura coas novas tecnoloxías.
Ao comezo da sesión, e axudados pola guía de lectura que Espazo Lectura lles proporcionou ás familias, falaremos sobre Valados, o libro proposto. A continuación, teremos un encontro virtual con Agustín Fernández Paz durante o cal os nenos e nenas poderán facerlle todas aquelas preguntas que lles xurdisen tras a lectura do libro. O acto, enmarcado na celebración do Día escolar da non violencia e pola paz, pecharase coa proxección dun audiovisual sobre os muros existentes no mundo con guión literario do propio Fernández Paz.
A actividade celebrarase o sábado 30 de xaneiro, a partir das 12.00h, na Biblioteca Municipal de Gondomar.
Como pai de fillos de 6 e 7 anos teño que dicir que un tema que parece indicado para mais edade, a traves de este libro de ” valados” os nenos consiguen entender bastante isto que tanto nos debería avergonzar e que incluso a nos nos parece mentira que exista.