O mércores a Casa da Lectura acollerá familias de moitas cores. Da man do alumnado e das profesoras de Oratoria e Proxecto Competencial do IES Auga da Laxe, falaremos do dereito das nenas e nenos a ter unha familia e aprenderemos que hai diversidade de tipos de familias e que todas son marabillosas.
Como é habitual, a biblioteca da Casa da Lectura estará aberta de 17:30h a 18:00h para o préstamo de libros.
Na sesión anterior Guillerme contounos historias coas que puidemos reflexionar sobre a importancia da diversidade, abrazala e comprendela. Contou “El cazo de Lorenzo” (Ed. Juventud), “Lila, la pequena Libélula” (Apila), e “Outra vez Elmer” (Xerais).
Deixámosvos aquí as imaxes da sesión:





