«Am@me», de Chis Oliveira e Amanda Traba, no club Daquelas que Len do mes de maio

Este próximo martes 7 de maio, a partir das 20:00h, reunímonos na Casa da Lectura para outra sesión do Daquelas que Len. Na primeira parte falaremos entre todas da lectura proposta para este mes, Am@me, un ensaio que reflexiona sobre o amor e as relacións dende unha perspectiva feminista para analizar como constrúen a sociedade e a súa relación coa violencia machista.

Na segunda parte contamos coa presenza das dúas autoras da obra, Chis Oliveira e Amada Traba, e teremos oportunidade de preguntar calquera dúbida e compartir as impresións sobre o libro.
Deixamos deseguido as imaxes da anterior xuntanza, dedicada á lectura de «Invisibles: relatos do maltrato», de Montse Fajardo:

Daquelas que len 12/3/2019