O venres 6 de xuño o club de lectura compartida Lendo Contigo celebra a última sesión desta tempada co libro Como escorrentar un lobo, de Antonio M. Fraga, publicado na editorial Cuarto de Inverno. Contaremos coa presenza do autor.

Como escorrentar un lobo conta a historia de Noncia que no ano 1944, nunha Polonia ocupada polos nazis, recata dúas crianzas xudías do seu tráxico destino e agóchaas na súa casa. Para combater o medo, cóntalles unha increibe aventura da súa infancia, cando percorría os camiños acompañando ao tabor xitano ao que pertencía. Unha fermosa obra que vén de ser recoñecida, o pasado mes de abril, co Premio Follas Novas á mellor obra infantil.
A sesión será na Casa da Lectura ás 19:00h da tarde, e aproveitaremos para despedir a tempada cunha cea compartida despois da sesión.
Agardámosvos para pechar esta tempada e despedirnos ata despois do verán!
Na sesión do mes de abril lemos a adaptación teatral de Sarabela Teatro da historia: A cincenta que non quería comer perdices. Falamos do texto e, pola tarde, asistimos á representación da obra no Auditorio Lois Tobío. Podedes ver as imaxes na seguinte ligazón:




