O vindeiro sábado 30 celebraremos a sesión de novembro do Lendo Contigo con Anxo Fariña e Os ecos do lume (Xerais). Nesta ocasión, ademáis de comentar a obra e investigar xuntos sobre o mundo intraterrestre ou seres fantásticos, realizaremos un obradoiro de ilustración co autor. Será o sábado, ás 12.00h, na Casa da Lectura. Animádevos a participar!
Na sesión inaugural da tempada contamos con Paula Carballeira e a súa obra Bruxa e familia (Oqueleo). Falamos moito sobre a obra e Paula contounos, dun xeito moi divertido, cal foi a orixe da inspiración da obra. Pasámolo moi ben! Aquí vos deixamos as imaxes da sesión: