“Aprender a falar coas plantas” no Sete Vidas

xoves 15 de maio o Sete Vidas reunirase de novo arredor da novela  Aprender a falar coas plantas, de Marta Orriols (Aira) con tradución de Isaac Xubín.

A historia comeza o día que Paula Cid, unha neonatóloga de corenta e dous anos, perde a parella nun accidente de tráfico, só unhas horas despois de que el lle comunicara que estaba namorado doutra muller e ía marchar da casa. Xunto co dó pola morte a destempo, a protagonista enfróntase tamén ao rancor da traizón.

Será ás 20:00 na Biblioteca Municipal de Gondomar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *