As actividades de Espazo Lectura volven despois do verán

O luns 11 de xullo reuniuse o Consello Operativo de Espazo Lectura para facer avaliación da tempada 2015-2016. Neste período, no que afrontamos a renovación de directiva para proxectar a asociación no futuro, foron máis dun cento de actividades de fomento da lectura as desenvolvidas, grazas ao traballo do voluntariado e ao apoio dos socios e socias, un traballo que se viu recoñecido ademais co Premio á Mellor Iniciativa Cultural ou de Fomento da Lectura 2016 na 1ª Gala do Libro Galego celebrada en Santiago de Compostela o pasado 14 de maio.
O calendario de actividades de Espazo Lectura retomarase despois do verán co ánimo de continuar este proxecto estable, destinado tanto a público infantil como a público adulto, co que queremos contribuír a consolidar o hábito lector na sociedade desde o convencemento de que apostar pola formación lectora é un investimento social de primeira magnitude.