As librarías, un ecosistema posible para o libro galego

O vindeiro mércores 12 de marzo Yaiza Peixoto, presidenta de Espazo Lectura, participará na  mesa redonda Un hábitat acolledor. Espazo de colaboración coas librarías moderada por Montse Penas Presas no marco da xornada Librarías, un ecosistema posible para o libro galego que se celebrá no Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela.

Na mesa redonda tamén participarán María Pousa, coordinadora da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia, e Ángeles Pacoret, responsable da Praza dos Libros e concelleira de Bibliotecas, Arquivos e Normalización Lingüística no Concello de Carballo.

Premendo nesta ligazón podedes consultar o programa completo da xornada.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *