Este xoves 4 decembro o Sete Vidas e o Daquelas que Len reuniranse para compartir a última sesión do 2025. Falaremos da novela As nais non, de Katixa Agirre, traducida por Isaac Xubín e editada por Aira Editorial.
A autora reflexiona sobre a maternidade e a creación nesta novela na que a historia dunha nai que supostamente afogou na bañeira os seus bebés xemelgos obsesiona a unha escritora que, no momento de parir o seu primeiro fillo, se decata de que coñeceu a suposta asasina cando eran mozas.
Será ás 20:00 na Biblioteca Municipal de Gondomar.




