O mércores 30 de abril abriremos as portas da Casa da Lectura para reivindicar o nome das Pioneiras, as galegas que abriron camiño. A través dos libros escritos por Anaír Rodríguez e ilustrados por Nuria Díaz e Abi Castillo, coñeceremos a historia dalgunhas delas e ademais faremos as nosas propias chapas e xogaremos con elas.
Lembrade que, como cada mércores, a biblioteca estará aberta de 17:30 a 18:00h para o empréstito de libros.
Na sesión anterior recibimos a visita de Inma Soto co seu espectáculo “Xela, aventura na fraga” como actividade especial dentro da programación da Semana do Libro e a Lectura. Podedes ver as imaxes da sesión na seguinte ligazón: