Asemblea Xeral de Espazo Lectura

O venres 6 de marzo, na Casa da Lectura, Espazo Lectura celebrará a Asemblea Xeral Ordinaria. 

Por encomenda da Presidenta de Espazo Lectura convócase:

A Asemblea Xeral Ordinaria, ás 17:30 horas, en primeira convocatoria, e 18:00 horas, en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:

1.- Lectura e, se procede, aprobación da acta anterior.

2.- Ratificación, se procede, de baixas e altas de socios e socias.

3.- Memoria de actividades do ano 2025.

4.- Documental “A rebelión da lectura”.

5.- Memoria económica do ano 2025.

6.- Varios.

7.- Rogos e preguntas.

A Asemblea Xeral Extraordinaria, ás 19:30 horas, en primeira convocatoria, e 20:00 horas, en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:

1.-  Aprobación, se procede, da remodelación da Xunta Directiva.

Prégase a asistencia de todos e todas os socios e socias. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *