Este vindeiro sábado 28 de febreiro, ás 20:00h, os mozos e mozas do Comando Le teñen un novo encontro na Casa da Lectura. Será a última das sesións do G-BOOK3: European teens as Readers and Creators in Gender_positive Narratives” por esta tempada.
Este novo encontro será dirixido, igual que o resto das sesións deste bloque, por Sabela Salgueiro (Traballadora Social, especializada en Saúde, Sexualidade e Xénero) e Leticia Costas (Divulgadora Científica especializada en acompañamento da mocidade a detectar e deseñar os seus talentos). O libro As Alumnas de Paula Carballeira segue sendo o noso fío conductor e, nesta ocasión, crearemos avatares de personajes libres de estereotipos de xénero co obxectivo de deconstruir etiquetas e abrir imaginarios novos sobre identidade
Na sesión anterior do Comando Le, mediante unha dinámica dirixida por Sabela e Leti, elaborouse un Vademécum da Igualdade. A rapazada propuxo libremente conceptos relacionados coa igualdade que foron agrupadas posteriormente en diferentes categorías. A seguir elaboraron tarxetas que acabaron conformando un material que quedou na Casa da Lectura como patrimonio do Comando Le.
Vémonos na Casa da Lectura o sábado 28 de febreiro!
ANILIJ Investigación – Instagram
ANILIJ Investigación – Facebook




