“Avelaíñas eléctricas pecha a tempada do Sete Vidas

O próximo sábado 7 de xuño o Sete Vidas pecha a tempada cunha sesión arredor da novela Avelaíñas eléctricas, de Sica Romero (Néspera Editora).

Avelaíñas eléctricas preséntanos a historia de dúas rapazas que, rematada a carreira universitaria, intentan fuxir dos seus lobos, das súas sombras. A obra trata con delicadeza distintos temas universais e ancestrais, como son a violencia, o amor, a amizade, a responsabilidade, a ética ou a sexualidade.

Sica Romero

Será ás 12:00 na Casa da Lectura. Contaremos coa presenza da autora.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *