O club de lectura compartida Lendo Contigo reúnese este sábado nunha sesión dedicada ao cómic. Nesta ocasión a obra proposta é O grande aviario, de Eli García (Antela Editorial). Íar e Lea descubren que o poder da imaxinación é infinito e que na natureza atoparemos verdadeiros tesouros. Anímaste a descubrilos con nós?
A sesión será o sábado 25 de xaneiro, ás 12:00, na Biblioteca Municipal de Gondomar. Contaremos coa presenza da autora, Eli García.
Agardámosvos!
No mes de decembro lemos Dona Problemas, salvadora da escola, de El Hematocrítico e tivemos que superar unhas cantas probas para converternos en resolvedores e resolvedoras de problemas. Podedes ver as imaxes da sesión na seguinte ligazón: