O sábado celebrarase a última sesión deste ano do club de lectura compartida Lendo Contigo. Nesta ocasión a banda deseñada será a protagonista, xa que a obra proposta é Nerea. O príncipe da sorte, de Miguel Rojo e Pablo Prado (Xerais), que estarán con nós durante a sesión. Se queredes acompañar a Nerea nesta aventura e compartila con outros lectores e lectoras, agardámosvos o sábado 18 de decembro, ás 12:00h, na Biblioteca Municipal de Gondomar.
No mes de novembro gozamos moito cos diferentes relatos do libro Soños de Cajamarca, e tivemos a oportunidade de coñecer de primeira man a situación das persoas que viven en Cajamarca (Perú) onde a ONG Aulas Abiertas desenvolve o seu traballo. Para isto, contamos coa presenza do escritor Xavier Estévez e da presidenta de Aulas Abiertas Comedores Escolares, Pilar Muñoz.
Moitas grazas por esta sesión, aprendimos moitísimo!
Aquí podedes ver as imaxes da sesión: