“Banu Marwán: a estirpe do galego” no Sete Vidas

O vindeiro xoves 9 de xaneiro o Sete Vidas inaugura o ano cunha nova sesión na que falaremos de Ao sur da liberdade, primeira parte da triloxía Banu Marwán: a estirpe do galego, do filólogo e escritor Xosé-Henrique Costas (Morgante).

Xosé-Henrique Costas

Esta novela, ambientada na Gallaecia do século VIII, narra a historia de Ianes, un rapaz do castrelo do Viso entregado para criado no mosteiro de Samos, que foxe ao sur do Douro, á “Terra de ninguén”, para que non o condenen por un crime que non cometeu.

Será ás 20:00 na Biblioteca Municipal de Gondomar. Contaremos coa presenza do autor.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *