Bea Lema e Chus Pato, Premios Nacionais 2024 de Cómic e Poesía

Desde Espazo Lectura queremos dar os máis entusiastas parabéns a Bea Lema e Chus Pato polos Premios Nacionais que se deron a coñecer nestes últimos días.


Bea Lema gañou o Premio Nacional de Cómic 2024 pola obra “O corpo de Cristo” (Deputación de A Coruña), unha obra innovadora, sorprendente, con texturas e composicións arriscadas, nunha realidade ficionada da súa vida. Bea estivo participando no noso club Lecturas debuxadas con esta obra no ano 2018, cando foi merecente do Premio Castelao da Deputación de A Coruña.

Chus Pato gañou o Premio Nacional de Poesía 2024 pola obra “Sonora” (Edicións Xerais), unha obra experimental e transformadora na que pon a conversar poesía e morte. O xurado destacou “a inextinguible potencia sonora da súa obra”.


Espazo Lectura congratúlase do excelente momento da literatura galega, en especial das voces de muller, pois desde 2019 seis mulleres galegas gañaron algún Premio Nacional.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *