Belagua Ediciones, nova editorial socia protectora de Espazo Lectura

Dende Espazo Lectura damos a benvida e agradecemos a súa colaboración e compromiso co noso proxecto de dinamización lectora á editorial Belagua, que se incorpora como socia-protectora da asociación.

Belagua é unha editorial que nace en Vigo no ano 2013 co propósito de proxectar a riqueza natural, artística, histórica e etnográfica de Galicia (e tamén doutros mundos e culturas) a través de publicacións nas que a fotografía xoga un papel destacado. Ademais, contribúe á creación literaria dando visibilidade a novos talentos e historias, publicando narrativa tanto para público adulto como infantil.

Os socios protectores de Espazo Lectura son, segundo os propios estatutos da organización, “aquelas persoas físicas ou xurídicas que, a xuízo da Xunta Directiva, contribúen materialmente e de forma notable ao sostemento da asociación”. 

 Belagua Ediciones súmase así ás outras dezasete editorais que xa forman parte de Espazo Lectura, xunto con dezasete centros educativos do Val Miñor, dúas entidades culturais e unha libraría.

Novamente agradecemos o apoio a este proxecto.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *