Benvido, inverno!

O mércores 17, na Casa da Lectura, celebraremos a derradeira sesión deste ano 2025. Farémolo recibindo ao inverno en moi boa compañía, contando contos e rodeados de amigos e amigas. Acompañádesnos?

A biblioteca da Casa da Lectura estará aberta de 17:30h a 18:00h para o préstamo de libros.

Na sesión anterior un grupo de mozas e mozos do IES Auga da Laxe viñeron para falar de diferentes tipos de familias cos contos “El color de mi familia” e “Material de pintura”. Con eles aprendimos a facer grilandas e incluso houbo tempo para xogar ás cartas. Moitas grazas ao alumnado e profesorado do IES Auga da Laxe por aceptar o convite e colaborar con Espazo Lectura. Aquí vos deixamos as imaxes da sesión:

Casa da Lectura_10DEC25_20

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *