Os contos contados seguen encher os luns a Biblioteca de Gondomar. No Contomar deste luns, 14 de decembro, escoitaremos os contos “O libro dos porcos”, “A historia dos bonobos con lentes” e “Malena ballena”. Coma sempre, o contacontos de Espazo Lectura para nenos e nenas a partir de 3 anos e as súas familias comeza ás 18:00 horas.
Na anterior sesión acompañáronnos trinta e novo nenos e nenas para escoitar as historias de “Gústame o chocolate”, “Nariz de ouro”, “Os ratos da casa” e “A bruxa e o leñador”. Estas son as imaxes dese día.