O club Lecturas Debuxadas celebra o martes 19 de novembro, ás 20:00 horas, unha nova xuntanza para falar da obra «Canción para afundir flores no mar», de Oliver Añón. Será na Casa da Lectura. Durante a sesión contaremos coa presenza do autor.
Na primeira sesión da tempada do Lecturas Debuxadas falamos de “Betty Boob”, de Vero Cazot e Julie Rocheleau.
Este é un cómic rápido, vibrante, tanto polo seu veloz ritmo narrativo como polo dinamismo do seu debuxo. Case sen texto, o relato avanza sen pausa, mostrando unha historia ás veces dura, pero cun marcado ton optimista, cheo de emoción e tenrura.
É tal a súa viveza que non hai momento para a reflexión, e pasamos por riba dos momentos de denuncia e de mostra de sentimentos case sen decatarnos deles.
A debuxante, Julie Rocheleau, fai un extraordinario alarde de virtuosismo (o debuxo é áxil, expresivo, sempre distinto, cun dominio da cor, do xogo de planos, da distribución de páxinas…), que resulta abraiante, e que fai destacar este tebeo especialmente no seu aspecto gráfico.
Estas son as fotos desa sesión: