Canta, buguina, canta!, sesión especial de Contos en Cueiros

O vindeiro venres 12 de decembro ás 18 horas teremos unha nova sesión de Contos en Cueiros, o contacontos para nenos e nenas de 0 a 3 anos. A sesión celebrarase na Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas), sede da Asociación Espazo Lectura.

Será esta unha sesión moi especial, a cargo de Marta Ortiz, profesional da narración oral, co espectáculo Canta, buguina, canta!

Canta para nenos e nenas, para viaxar xuntas en igualdade, con amor e respecto. Soprando a nosa buguina, comezaremos a viaxe polo mar. Visitaremos illas onde viven caracois, galiñas poñedoras e vacas. Regaremos a herba. Xogaremos coa marea que sobe e baixa. Cantaremos cancións sobre a lúa e faremos barcos de papel para continuar viaxando lonxe.

A actividade precisa inscrición previa para poder respectar a capacidade da sala e o benestar dos asistentes á actividade. A entrada será, coma sempre, de balde.

Criterios de inscrición:

Contamos cun aforo limitado a 20 bebés acompañados de 1 persoa adulta. Os criterios de inscrición son os seguintes:

– Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición.

– Para inscribirse cómpre enviar un correo antes das 12:00 horas do mércores 10 de decembro a contosencueiros@gmail.com e facilitar:

  • O nome do bebé.
  • O ano de nacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2023 ou despois.
  • O nome da persoa adulta que o vai acompañar.
  • Un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera)
  • En caso de ser socios/as de Espazo Lectura, o nome do socio/a

– Lembrade que é importante facilitar todos os datos que se solicitan na inscrición.

– Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza (este correo de confirmación non se enviará antes do remate do prazo de inscrición).

Animádevos a participar!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *