O Sete Vidas reunirase o próximo xoves 5 de marzo para falar da novela Canto máis negra é a amora… do escritor estadounidense Wallace Thurman, traducida por Carlos Valdés e editada por Irmás Cartoné.
A protagonista da obra, Emma Lou Morgan, é negra, tanto que lle provoca tristeza e humillación non só na comunidade maioritariamente branca da súa cidade natal de Boise (Idaho), senón tamén entre a súa familia e amizades, de pel máis clara. Na procura dun círculo onde a acepten, aos dezaoito anos deixa o fogar familiar e viaxa primeiro a Los Angeles e despois a Nova York, onde nun Harlem en plena efervescencia atopa unha vibrante escena de clubs, salóns de baile, festas, amoríos… e, aínda así, o rexeitamento tamén da súa propia raza.
Será ás 20:00 na Biblioteca Municipal de Gondomar.




