Daquelas que Len e o Sete Vidas despiden este ano cunha sesión conxunta, será o vindeiro xoves 14 de decembro e falaremos arredor da obra Cartos (Editorial Hugin e Munin).
A autora, Victoria Benedictsson, forma parte do movemento chamado rupturismo moderno, o cal xurde na Escandinavia da 2ª parte do século XIX. Precursora do feminismo, na súa obra fálase abertamente da muller como suxeito activo e da necesidade dunha habitación propia, medio século antes de que se publicase a obra de Virginia Woolf.
A novela conta a historia de Selma, unha rapaza que aos dezaseis anos “decide” casar cun vello terratente para fuxir da tutela do seu tío, como única saída para alcanzar o seu soño de realizarse como artista. Selma representa un modelo de esposa intelixente (máis co marido) pero subxugada ao mesmo, escravizada e sen apenas posiblilidades reais de emancipación.
Terá lugar ás 20:00 h na Biblioteca Municipal de Gondomar e contaremos coa presenza da tradutora, Marta Dahlgren.