O amor, no Contomar

Hoxe, no Contomar, haberá libros que contan historias de amor, como este dos amores de gato e rato.

Hoxe, no Contomar, haberá libros que contan historias de amor, como este dos amores de gato e rato.
Hoxe, no Contomar haberá máis contos: Petra, Tres desexos, Ollobrusco ou O abrigo misterioso e un cumprecontos. (Máis información).E Espazo Lectura continúa coas súas actividades de dinamización lectora. Axiña anunciaremos máis.

A continuación reproducimos dous videos e algunhas imaxes da sesión Canto Conto!, protagonizada por Verónica Túñez e tres persoas de Vichelocrego Teatro, que representaron o seu espectáculo no Contomar do pasado luns 21 para o público de Espazo Lectura. Na…

Mañá luns 21, ás 18:00h, na Biblioteca Municipal, darán comezo as actividades da Semana do Libro cunha sesión especial do Contomar. Libro e oralidade daranse a man no espectáculo de contacontos Canto conto, a cargo de Verónica Túñez, que estará…

Este próximo luns os contos de lobos serán os protagonistas do Contomar. (Máis información.)
Vídeos de Migallas na Casa da Cultura de Gondomar, Val Miñor (luns 31 de marzo de 2008). Espectáculo Cantacontos, sesión especial do segundo aniversario do Contomar.

Máis de 170 persoas ateigaron onte a Casa da Cultura de Gondomar na celebración do segundo aniversario do Contomar, coa actuación especial de Migallas, que ofreceu os seus Cantacontos. A sesión de onte, amais dunha fermosa tarde para as nenas…

O Contomar fixo unha pequena parada, durante as pasadas vacacións, e volverá o próximo luns 31 de marzo, coma sempre ás 18:00 horas, coa actuación especial de Migallas Teatro e o seu espectáculo Cantacontos. En Espazo Lectura queremos celebrar deste…

Pódense contar historias e pódense contar tamén números. Na sesión do Contomar do próximo luns 3 de marzo, vanse contar historias con números. (Máis información).

A próxima sesión do Contomar, o luns día 18, celebrarase en torno a libros que teñen diferentes animais como protagonistas. Ademais, celebrase o cumprecontos dun neno. (Ler máis…).