Categoría Contomar

Volve o Contomar cheo de novidades!

Despois da sesión inaugural, na que nos acompañaron os ratos de biblioteca da compañía do Trinke Trinke, o Contomar retomou as sesións habituais de todos os luns na Biblioteca de Gondomar. Hoxe foi un día especial porque tiñamos moitas novidades.…

Os ratos que trouxeron contos

Máis de oitenta nenos recibiron onte en Gondomar os Ratos de Biblioteca, da Compañía Trinke Trinke, na sesión inaugural da nova tempada do Contomar, que comezou este luns. Os ratos ofrecéronnos unha divertida sesión de contacontos, coa biblioteca como protagonista,…

Este luns comeza o Contomar

O Contomar, que botou a andar no mes de febreiro de 2006, inicia unha nova tempada na que, ademais de manter as actividades de anos anteriores (contacontos, poemas, cancións, carnés con estrelas semanais, cumprecontos, etc.), introduciremos como novidade a presenza…

Os Ratos de biblioteca inaugurarán o Contomar

O espectáculo Ratos de biblioteca, da compañía teatral coruñesa Trinke Trinke, é o elixido por Espazo Lectura para a inauguración do Contomar o próximo día 6 de outubro. Trátase dun espectáculo de animación á lectura que se desenvolve como unha…

Retorna o Contomar

Hoxe tivo lugar unha reunión da Comisión do Contomar, de Espazo Lectura, que está a preparar as sesións para esta nova tempada, a cuarta que cumpren estas xa populares sesións de contacontos na Biblioteca Municipal de Gondomar. Comezaremos o luns…

Agasallo, carnés e diplomas

A finais do pasado mes de maio, o Contomar despediuse ata setembro. Ligado ao Contomar, estamos a preparar proxecto fotográfico moi especial, que xa comezamos e que levaremos a cabo na próxima tempada. A fotografía inferior pertence á sesión de…

O Contomar despídese ata setembro

Este próximo luns, 26 de maio, ás 18:00h, vaise celebrar na Biblioteca Municipal de Gondomar a última sesión do Contomar deste curso. O programa semanal de contacontos que promove Espazo Lectura despídese así nesta súa terceira tempada cunha sesión na…

Novas historias de amor no Contomar

Ante a boa acollida da semana pasada, na sesión de mañá do Contomar, haberá máis historias de amor. Un dos contos protagonistas será Un segredo do bosque, de OQO editora. (Máis información).

Hoxe, no Contomar…

Hoxe, no Contomar haberá máis contos: Petra, Tres desexos, Ollobrusco ou O abrigo misterioso e un cumprecontos. (Máis información).E Espazo Lectura continúa coas súas actividades de dinamización lectora. Axiña anunciaremos máis.