Este mércores 29 de novembro, na sesión de dinamización lectora da Casa da Lectura, celebraremos unha sesión especial con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade que se celebra o 3 de decembro.
Para iso, contaremos coa presenza de varios membros de APAMP (Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral), que nos van contar o conto Elisa no mundo das marabillas.
Elisa no mundo das marabillas é un conto ilustrado por persoas con parálise cerebral. Por esta razón este libro é moito máis que un álbum ilustrado, pois nace da ilusión e do entusiasmo do Obradoiro Artístico de APAMP (Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral) e que un día decidiron escribir, e ilustrar, coas súas propias mans, cos seus propios corazóns, este libro protagonizado por Elisa, unha muller alegre, soñadora, de mirada intensa e cabelos castaños. Era moi fermosa, pero ela non o sabía. Elisa movíase nunca cadeira de rodas e tiña parálise cerebral…
A cita, coma sempre é ás 18:00 horas, e desde media hora antes aténdese o servizo de préstamo bibliotecario.
O mércores pasado, ao abrigo da Casa da Lectura desfrutamos dunha sesión de contos entrañable, na que Dolo tirou do fío e contounos “O fío” e “Ire”. Logo convidounos a construír un peixe reciclando un CD. Estas son as fotos dese día: