O mércores 30 de outubro celebramos o Samaín na Casa da Lectura con bruxas, papóns e cabaciñas falangueiras. Será unha sesión de luces e sombras acorde co tempo de outono no que estamos inmersos.
Na sesión anterior recibimos a visita de gatos lambóns e voadores e elaboramos o noso propio gato. Mirade, mirade as fotos da sesión:
Lembrade que, como cada mércores, a biblioteca estará aberta de 17:30 a 18:00h para o empréstito de libros.
Vémonos!