O vindeiro xoves 12 de decembro o Daquelas que Len e o Sete Vidas únense para pechar o ano falando de As Jermaine, a primeira novela da tradutora e escritora María Alonso Seisdedos (Galaxia).
O clic dunha cámara fotográfica en 1949 pon en marcha a engrenaxe cega de sucesos que van operando ao longo dos anos e que culminan, tal vez, en 2004 alén do Atlántico, nun balbordo que cómpre acalar e nun estrépito involuntario.
Será ás 20:00 na Biblioteca Municipal de Gondomar. Contaremos coa presenza da autora.