Coellos na Casa da Lectura

Este mércores 14 de maio na Casa da Lectura teremos unha sesión na que nos visitarán coellos. 

A través dos contos Sopa verde (OQO), A horta de Simón (Kalandraka) e Algo pasa na casa do lobo (OQO) Mar e Marta nos descubrirán as aventuras que lles deparan a todos os animais protagonistas destas historias.

Lembrade que, como cada mércores, a biblioteca estará aberta de 17:30 a 18:00h para o empréstito de libros.

Na sesión anterior Concha fixo voar moitas bolboretas na Casa da Lectura. Podedes ver as imaxes na seguinte ligazón: 

CasaDaLectura_07052025_08

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *