O próximo venres 25 de outubro ás 18 horas comezamos a tempada de Contos en Cueiros, o contacontos para nenos e nenas de 0 a 3 anos. A sesión celebrarase na Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas), sede da Asociación Espazo Lectura.
Nesta primeira sesión combinaremos información para as familias e animación musical para as nenas e nenos. Iremos intercalando cantigas con breves explicacións sobre Espazo Lectura e Contos en Cueiros e sobre a vinculación dos bebés coa música, a literatura e as actividades sensoriais co libro como elemento central.
A actividade precisa inscrición previa para poder respectar a capacidade da sala e o benestar dos asistentes á actividade. A entrada será, coma sempre, de balde.
Criterios de inscrición:
Contamos cun aforo limitado a 16 bebés acompañados de 1 persoa adulta. Os criterios de inscrición son os seguintes:
– Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición.
– Para inscribirse cómpre enviar un correo antes das 12:00 horas do mércores 22 de outubro a contosencueiros@gmail.com e facilitar:
- o nome do bebé
- o ano de nacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2021 ou despois
- o nome da persoa adulta que o vai acompañar
- un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera)
- en caso de ser socios/as de Espazo Lectura, o nome do socio/a
– Lembrade que é importante facilitar todos os datos que se solicitan na inscrición.
– Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza (este correo de confirmación non se enviará antes do remate do prazo de inscrición).
Animádevos a participar!