No mes de outubro chega tamén a primeira sesión da tempada do club de lectura compartida Lendo Contigo.

Nesta ocasión comezamos con Pantasmadas, de Andrea García Martínez (Xerais). Co avó Seronio viaxaremos a Treboeoiro, un lugar envolto en néboas, vellas historias e habitantes moi pouco comúns…

A sesión será o sábado 24 de outubro, ás 12:00h, na Biblioteca Pública Municipal de Gondomar. Contaremos coa presenza de Andrea García, autora e ilustradora de Pantasmadas.

Agardámosvos!

A anterior tempada do Lendo Contigo rematou no mes de maio con Erica Esmorís e O Peculiar (Cuarto de Inverno), nunha sesión cun menú degustación de libros da autora e da tempada do club. Deixámosvos aquí as imaxes desta sesión: 

300522

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *