Como cada mes de outubro, o club de lectura compartida Lendo Contigo celebra a primeira sesión da tempada.

Nesta ocasión será co libro Axencia Galega de Asuntos Máxicos, de Miguel Alonso Diz (Xerais). Esta é unha historia con personaxes da mitoloxía galega, andeis secretos, maxia, mouchos, misterios e aventuras. Que máis se pode pedir?

A sesión será o sábado 19 de outubro, ás 12:00h, na Biblioteca Municipal de Gondomar. Ademais, contaremos coa presenza do autor. 

Agardámosvos!!

No mes de xuño rematamos a tempada do Lendo Contigo con Andrea Maceiras e Burbullas de calma serena (Cuarto de inverno). Deixámosvos aquí unhas imaxes desta sesión: 

IMG_0858

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *