No mes de febreiro o club de lectura compartida Lendo Contigo reunirase para falar dun dos libros de Fina Casalderrey, “Dúas bágoas por Máquina“, pulicado por Xerais.
Este libro, que gañou o Premio Merlín no ano 1991, convida a reflexionar sobre as relacións entre os nenos e nenas e os animais a través dunha narración emotiva, tenra e divertida.
A sesión será o sábado 28 de febreiro, ás 12:00h, na Biblioteca Pública Municipal de Gondomar. Contaremos coa presenza da autora, Fina Casalderrey.
Agardámosvos!
Na sesión de xaneiro achegámonos aos “Contos de así foi” de Rudyard Kipling e puidemos gozar de historias realmente alucinantes sobre curiosidades do mundo animal. Podedes ver aquí as imaxes da sesión:





