Este mércores 3 de febreiro recibiremos na Casa da Lectura a visita dun contacontos que fala unha lingua que non todos coñecemos. Trátase de Camilo Gutiérrez, da Asociación de Persoas Xordas de Vigo, e vén contarnos dous contos en lingua de signos, Un cuíño independente e A miña mamá é preciosa.
Despois, aprenderemos palabras nesta lingua case máxica que se fala coas mans: como se nomean as persoas, as cores, os animais…
Será o mércores 3 na Casa da Lectura a partir das 18.30 horas.
O mércores pasado a sesión semanal de dinamización lectora estivo dedicada ao libro Coidado, extraterrestres, editado por Patasdepeixe. A noticia de que os extraterrestres ían aterrizar na Casa da Lectura creou moitas expectativas. Na sesión, puidemos ler unha noticia sorprendente publicada na prensa ese día, así como coñecer a seres doutro planeta. Estas son algunhas imaxes.