Contando ovellas e outros métodos para durmir

Non es capaz de volver á rutina? A hora de durmir é un pesadelo? Temos a solución! Achégate á Casa da Lectura o vindeiro mércores día 8, ás 18:00h, e descubrirás que isto tamén lles pasa a algúns protagonistas dos contos. Afortunadamente, hai solucións para conciliar o sono que queremos compartir con vós. 

A biblioteca da Casa da Lectura estará aberta de 17:30h a 18:00h para o empréstito de libros.

A semana pasada inauguramos a tempada cunha sesión un pouco desastrosa: sen chaves, sen contadores nin contadoras… 

Cando por fin puidemos entrar na Casa da Lectura descubrimos tres caixas cos logos das editoriais que son socias protectoras da asociación e nos envían as novidades que publican. Pensamos que se trataba de libros, pero das caixas saíron os protagonistas de “Rata linda de Compostela” (Xerais), “O coelliño branco” (kalandraka) e “O galo que puxo un ovo” (OQO), que nos contaron estas marabillosas historias. Despois, elaboramos o noso “Inventario de contos” para anotar todas as lecturas que escoitemos durante a tempada. 

Podedes ver as imaxes da sesión da seguinte ligazón:

IMG_3132

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *